Mouse Genome Informatics

Mouse Genome Informatics (MGI, ou Informática do xenoma do rato) é unha base de datos en liña e de recursos bioinformáticos gratuíta aloxada por The Jackson Laboratory, con financiamento do National Human Genome Research Institute (NHGRI), o National Cancer Institute (NCI) e o Eunice Kennedy Shriver National Institute of Child Health and Human Development (NICHD) dos Estados Unidos.[1] O MGI proporciona acceso a datos sobre xenética, xenómica e bioloxía do rato de laboratorio para facilitar o estudo das enfermidades e saúde humanas.[2][3] A base de datos integra múltiples proxectos, e as dúas principais contribucións proceden da Mouse Genome Database e da Gene Expression Database (GXD).[4]

O recurso de Mouse Genome Informatics[5] é unha colección de datos, ferramentas e análise creados e axeitados para o seu uso no rato de laboratorio, un organismo modelo amplamente usado. É a "fonte autorizada dos nomes oficiais dos xenes, alelos e cepas de rato", que segue as directrices establecidas polo Comité internacional de estandarización da nomenclatura xenética do rato.[6] A historia e enfoque da investigación do Jackson Laboratory e os servizos de produción xeran unha enorme acumulación de coñecementos que os investigadores poden consultar para avanzar nas súas investigacións. Unha comunidade de investigadores dedicada ao estudo do rato de todo o mundo mellora e contribúe a este coñecemento tamén. É unha ferramenta indispensable para calquera investigador que use o rato como organismo modelo para a súa investigación e para os investigadores interesados en xenes humanos ou doutras especies que comparten homoloxía cos xenes de rato. Varias investigacións no rato manteñen recursos como as coleccións de animais e o software gratuíto de xestión de colonias tamén están dispoñibles no sitio do MGI.[7]

  1. "MGI-MGI Current Funding Support". jax.org. Consultado o 2 June 2015. 
  2. Shaw D (May 2004). "Searching the Mouse Genome Informatics (MGI) resources for information on mouse biology from genotype to phenotype". Curr Protoc Bioinformatics. Chapter 1: Unit 1.7. PMID 18428715. doi:10.1002/0471250953.bi0107s05. 
  3. Qi D, Blake JA, Kadin JA, Richardson JE, Ringwald M, Eppig JT, Bult CJ (8–11 August 2005). Data integration in the mouse genome informatics (MGI) database. Computational Systems Bioinformatics Conference, 2005. Workshops and Poster Abstracts. IEEE. pp. 37–8. ISBN 0-7695-2442-7. doi:10.1109/CSBW.2005.48. 
  4. "MGI-About the Mouse Genome Informatics database resource". jax.org. Consultado o 2 June 2015. 
  5. Mouse Genome Informatics home page
  6. "Mouse Nomenclature Home Page". Consultado o 28 August 2016. 
  7. Ivica Letunic. "OpenHelix: Mouse Genome Informatics (MGI)". openhelix.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2017. Consultado o 2 June 2015. 

Developed by StudentB